lunes, 11 de marzo de 2013

Xogos populares II


E, seguindo cos XOGOS POPULARES, o día 4 de marzo reunímonos de novo @s alumn@s de 5º e 6º na unidade do Covadonga. Desta vez o xogo que nos explicaron foi o das TABAS; Lito ensinounos dous xogos:




O primeiro consistía en tirar unha taba cara arriba e coller as catro que quedaban no chan, e tamén a que lanzamos.
Para o segundo xogo, deunos unha pelota saltarina; o xogo era parecido, pois botamos a pelota e, mentres, había que ir recollendo as tabas dunha nunha. Foi moi divertido!!!

E, como non, rematamos a reunión xogando ao futbol; e a “liga” vai moi ben porque gañamos de novo.

                                   Andra, Kati, Israel, Julio e Carlos.

2 comentarios:

  1. Q guay nolo pasamos pero me daba un poco de asquito las tapas

    ResponderEliminar
  2. q guay lo pasamos sobre todo cuando fixemos un grupo de catro para xogar as tabas foi moy divertido

    ResponderEliminar