jueves, 5 de junio de 2014
martes, 22 de abril de 2014
Parque Infantil de Tráfico
O día 4 de abril fomos ao Parque
Infantil de Tráfico.
Saímos ás 9 e media, cando chegamos
separaron aos de 5º de 6º. Unha parte era de explicacións con
vídeo e outra práctica, nos “cars” e nas bicicletas.
As explicacións foron moi
interesantes, aprendemos moitas cousas sobre as normas de
circulación, como por exemplo o significado de distintas sinais:
- A cor azul significa obriga.
A parte práctica foi moi divertida.
Pasámolo MOI BEN!!!!!!
Carlos e Israel
Teatro Consumo
O día 27 de marzo viñeron ao Cole a
representar unha obra de teatro, titulábase “CLINC”.
O grupo chámase “Trécola”, e
veñen tódolos anos o día do consumo para que pensemos sobre o
consumo de máis que facemos moitas veces.
Séfora e Katia
lunes, 17 de marzo de 2014
O entroido
O día 28 de
febreiro pasámolo moi ben. Celebramos O
ENTROIDO.
Tódolos
nenos e nenas do Colexio (e os profes) disfrazámonos de Pitas de
Eiroás. Fixemos as capas e as caretas e tamén fixemos uns ovos
xigantes.
Antes do
desfile lemos o XUÍZO Á PITA e o TESTAMENTO DA PITA. Foi
moi gracioso pois a pita nos ía deixando distintas partes do seu
corpo; Eric de 1º Ciclo era o “Señor letrado” e estaba moi
simpática tan serio no seu papel.
Despois
baixamos ao patio e estivemos bailando e xogando; usamos o ovo para
pasalo, encestar na canasta...
Foi un día
moi especial: VIVA O ENTROIDO!!!!!!! Jesús e Samanta
martes, 25 de febrero de 2014
Pita de Eiroás
Elabora teu bocata
O día 18 de marzo tivemos unha
actividade moi “SABROSA”.
Viñeron unhas rapazas para ensinarnos
a “pórlle as pilas aos nosos bocatas”.
Cada neno fixo o seu bocadillo; había
estes ingredientes:
- atún
- cenoria raiada
- leituga
- tomate
- olivas
- sardiñas
- mexillónsA COMER!!!!
Despois do banquete subimos ao salón
de actos e déronnos unha charla sobre tipos de peixes, moluscos.. ;
tamén nos falaron da importancia de reciclar.
Por último,regaláronnos unhas gorras moi chulas.
Andra e Katia
martes, 18 de febrero de 2014
martes, 4 de febrero de 2014
Encontros co autor
O
día 3 de febreiro fomos ao Colexio Divina Pastora para facer unha
actividade chamada “ENCONTRO CO AUTOR”
Nós
xa tiñamos lido o libro “O encanto da Pedra Chá” e fomos
coñecer e falar co seu autor: Pere Tobaruela.
Primeiro
Pere estívonos contando cousas; era moi simpático e fíxonos rir
moito. Despois fixémoslle preguntas,
como por exemplo:
- Como se che ocorreu esta historia?
- Canto tempo levas escribindo?
Pere
contestou moi amable e ocorrente a todas as nosas preguntas.
Unha
das cousas que nos dixo foi que quería que leramos (case sen darnos
conta) algo de poesía, por iso elexiu un texto de Rosalía de Castro
que se prestaba ao misterio...
Para rematar asinounos os libros.
PASÁMOLO
MOI BEN!!!
Geuris e Katia
Día da Paz
O día 30 de Xaneiro
celebramos o día da Paz.
Reunímonos todos os
nenos, nenas e profes no Salón de actos e cantamos unha canción
chamada “A RUMBA DAS APERTAS” e tamén bailamos.
Mentres escoitabamos a
música, saían na pantalla fotos nosas abrazándonos. Era moi
divertido.
VIVA
O DÍA DA PAZ!!!!!!!
Kati e Israel
Nadal
O
día 21 de decembro fixemos no Cole a Festa do Nadal.
Para
a celebración xuntámonos todos no Salón de Actos para cantar
algunhas panxoliñas e máis entregar os premios do Concurso de
postais navideñas.
O
premio de Geuris era un balón; había outro balón para o segundo
ciclo, e para Infantil e Primeiro Ciclo estoxos e material de
Plástica. Todos quedaron moi ledos cos seus agasallos.
Como
era o último día antes das vacacións fixemos unha merendola.
MENUDA
PAPAROTA!!!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)