martes, 16 de abril de 2013

"Un agasallo para papá"


Hoxe ímosvos falar dunha representación teatral que houbo no noso Cole. Titulábase “Un agasallo para papá”, e gustounos moito.
 As protagonistas da obra son Cloe e Xulieta. Cloe ten unha pequena tenda nun barrio da cidade. Vende obxectos únicos e especiais traídos dende distintas partes do mundo por viaxeiros e aventureiros;todos eles amigos seus.. Ela tamén fabrica os seus propios obxectos, pero un día un home descoñecido entra na tenda e tráelle uns papeis para asinar. Van demolelo todo porque queren construir un centro comercial.
  Xulieta é unha nena moi especial; vai ser o aniversario do seu pai e quere facerlle un agasallo orixinal, pero só atopa cousas aburridas. Sen saber moi ben onde ir, atópase con Cloe que lle amosa o seu comercio e lle axuda a confeccionar o mellor agasallo para seu pai.
  A obra quérenos facer pensar nas veces que mercamos moitas cousas innecesarias; é moito mellor consumir menos cousas para que sexan máis especiais, como fixo a nena co agasallo do seu pai.
 A obra foi para tódolos nenos e nenas do cole; pero uns días despois, os alumnos do terceiro ciclo tivemos unha charla para falar máis sobro o consumo innecesario e sobre os dereitos do consumidor. Pareceunos moi interesante e puidemos reflexionar entre todos sobre o tema.
                               Alex, Leo, Andra, Katia e Larisa.