martes, 28 de mayo de 2013

Día das Letras Galegas


O día 16 de maio celebramos no salón de actos o DÍA DAS LETRAS GALEGAS. Tamén viñeron os compañeiros de Eiroás e fixemos un Superfestival.
 Os da nosa clase convertémonos en reporteiros e fixemos un Telexornal. Iamos facendo entrevistas e reportaxes e así ían participando tódolos nenos do Colexio.
 Os locutores eran Joni e Kati; os reporteiros Roberto, Geuris e Israel; e logo tiñamos... futbolista, presidente dun club deportivo, pais desesperados pola desaparición dos seus fillos...

 Tamén cantamos, tocamos a frauta, houbo bailes...
Rematamos cunha obra de teatro: “Touporroutou da Lúa e do Sol” de Vidal Bolaño (autor elixido este ano para a celebración das Letras); os nenos e nenas do 3º Ciclo B fixérono xenial, gustounos moito.
  Katia, Larisa e Geuris.

viernes, 3 de mayo de 2013

Día do libro


O día 23 de abril celebramos no Cole o Día do Libro.
Os nenos e nenas da nosa clase fomos contarlles un conto aos nenos de E. Infantil; o título do conto era “AVÓS”. É unha historia moi tenra e romántica. Se queredes lelo, está na Biblioteca do Cole, é superbonito.

  Nós disfrutamos moito, pois eramos os protagonistas.
Para dar máis realismo á historia disfrazámonos de velliños e botamos talco no pelo para semellar canas.

 Antes da representación estabamos cheos de nervios e tiñamos un pouco de vergoña, pero pouco a pouco foinos pasando.
 
 Cando chegamos xunto aos cativos de Infantil non parabamos de rir, e faciamoslles bromas de vellos co caxato e encorvados coma se nos doesen as costas.
O público despediunos con moitos aplausos e nos invitaron a volver outra vez, seguro que o facemos pois foi moi divertido.
                                             Alex e Larisa.