jueves, 19 de diciembre de 2013

Ourense sabe acoller


O día 18 de decembro fomos ao local social “Caixanova” na Alameda do Cruceiro a ver unha “peli” titulada “Baixo a mesma lúa”.
O tema da película era a inmigración; era a historia dun neno mexicano que ía a “Los Ángeles” en busca da súa nai que tivera que marchar a buscar traballo para poderllo mandar á súa familia.
Despois da “peli” entregaron os premios do concurso “Ourense sabe acoller”.
Había tres categorías:
debuxo, poesía e relato curto; a nosa compañeira Andra gañou o terceiro premio de relato e recibiu un mp3 e unha placa. Á profe Loli tamén lle deron unha placa pola participación do Colexio.
Que bos somos!!!
                         Israel e Julio

Enarbolar


O día 10 de decembro fomos ao Montealegre para coñecer onde se atopa o Xardín Botánico e visitar unha exposición chamada “ENARBOLAR”.
Primeiro entramos nunha sala e déronnos unha charla sobre a Botánica (a ciencia que estuda as plantas) e faláronnos da importancia da NATUREZA.
Logo fomos ver a exposición que eran unhas láminas moi grandes de distintas árbores e debuxos;a exposición estaba organizada por unha fundación co nome de Félix Rodríguez de la Fuente (que foi un naturista dos primeiros que fixeron documentais de animais).
Por último fomos visitar un Auditorio feito nunha zona da canteira que alí había antes; o monitor ensinounos algo moi curioso: como as raíces das árbores se metían entre as pedras aproveitando calquera fenda na rocha.
Tamén nos dixeron que había un miradoiro, pero como tiñamos que marchar díxonos que volveramos con máis tempo porque ían facer máis actividades, como experimentos, máis adiante.
Esperamos volver porque foi moi interesante.
                                                                       Geurys e Carlos

Megaxove


O día 5 de decembro fomos a Expourense, a unha actividade chamada MEGAXOVE onde había un montón de cousas:

  • inchables para saltar
  • ordenadores
  • karaoke
  • circuíto de adestramento militar

  • scalextric
  • circuíto de cars
  • xogos como twister, parchís...

     
Fomos todos os nenos e nenas de 5º e 6º e pasámolo moi ben.
                                                    Séfora e Jesús

martes, 3 de diciembre de 2013

O Magosto


O día 8 de Novembro celebramos o Magosto no Colexio; celebrámolo tódolos nenos e nenas do Colexio, tamén subiron os compañeiros de Eiroás.
Comezamos máis ou menos ás doce cuns xogos moi divertidos:

  • Xogamos aos aros; a profe Bea tocaba a pandeireta e, cando paraba, tiñamos que nos meter nun aro; a profe Loli ía sacando aros, pero non quedabamos eliminados senón que cada vez iamos entrando máis nun aro.
  • Xogamos a encestar castañas no “papacastañas”.
  • Xogamos ás carreiras de relevo.
  • Xogamos ao tres en raia.
    Despois chegou a hora da “paparota”, comemos empanada, chourizo, castañas e bica. QUE RICO ESTABA TODO!
    Logo xogamos un pouco e, por último, axudamos a recoller e limpar porque, a verdade, hai que recoñecer que fomos bastante porcalláns. Temos que mellorar e ser máis coidadosos!
                                                                   NOA

viernes, 15 de noviembre de 2013

Danza Contemporánea-"En escena"


O día 31 de Outubro foi moi especial; tivemos unha saída e á volta ao Colexio celebramos o Magosto. Eu vou falar da saída.
Fomos ata o edificio da Escola de Artes Escénicas a ver un espectáculo de Danza Contemporánea;chamábase “En escena” porque os bailaríns explicáronnos, antes da súa actuación, moitas cousas referentes á posta en escena dun espectáculo.
Despois bailaron un par de pezas, as melodías eran moi bonitas.

Por último, nós tamén participamos subindo ao escenario: tiñamos que facer tres movementos: primeiro lento, logo rápido e despois máis rápido. Así vimos que cuns movementos sinxelos pódese crear unha danza.
Fixemos preguntas aos bailaríns e eles tamén nos fixeron preguntas, así que aprendemos moitas cousas.
A despedida foi todos subidos ao escenario (tamén os dos outros Colexios) e alí nos explicaron a colocación dos focos, dos telóns, do foso dos músicos que está debaixo do escenario...
Cando saímos chovía a cachón, pero nós iamos con moitas ganas de celebrar o Magosto.




ANDRA




jueves, 7 de noviembre de 2013

SAMAÍN


O dia 30 de Outubro celebramos o Samaín no colexio.
Nos días anteriores á celebración baleiramos as cabazas, adornámolas e fixemos unha exposición con elas; tamén fixemos camisetas coas nosas mans en vermello para disfrazarnos de zombis; en manualidades fixemos pantasmas,morcegos e esqueletes.
O propio día xuntámonos todos no salón de actos e vimos vídeos cortos de Disney; cantamos cancións; fixemos unha obra de teatro moi bonita onde os personaxes terroríficos eran:unha pantasma, unha bruxa, un lobishome, home sen cabeza e un esquelete...
E ao final de todo repartimos lambetadas aos nenos do colexio e despois nós tamén comimos!!!!..
 E pasámolo moi ben.

                                                                     KATIA E CARLOS

martes, 5 de noviembre de 2013

Curso novo, 1ª saída


Aquí estamos de novo, un curso máis, dispostos a contar algunhas das cousas que facemos no noso cole. Algúns dos compañeiros do curso pasado xa marcharon e agora temos outros novos que se incorporan ao noso curso e ao noso blog; benvidos: Jesús, Samanta, Ricardo e Séfora.

Imos xa falar da nosa primeira saída, foi ao auditorio, asistimos a un concerto didáctico: SON+DE2.

Aprendemos moitas cousas relacionadas coa música, por exemplo, ensináronnos a facer instrumentos musicais. Faláronnos dos orixes da música, eles mesmos eran os protagonistas duns vídeos sobre a prehistoria que nos fixeron rir un bo rato.
Os músicos facían ritmos moi diferentes e cantaban e tocaban moi ben. Falaban con vídeo-conferencia co seu axudante que, ao final, presentouse de sorpresa.

Foi unha actividade divertida... aprender e divertirse ao mesmo tempo...É XENIAL!!!

viernes, 21 de junio de 2013

Bye,bye teacher.

Para la profe Marisa:
todo lo que sentimos
todo lo que pensamos
ahora que nos despedimos.
 












¡Gracias por enseñarnos!
Esperamos que vuelvas a visitarnos.














¡¡No nos olvides!!
Te vamos a extrañar
por tu maravilloso trabajo,
por tu forma de enseñar.




Sin tu apoyo no podríamos
disfrutar de entender
cosas de la vida
importantes como el “inglés”.














¡¡¡SIEMPRE TE LLEVAREMOS EN EL CORAZÓN!!!
Thank you.


                       Tus alumn@s de 5º y 6º A

viernes, 7 de junio de 2013

Día Mundial do Medio Ambiente

O día 5 de xuño fomos á Alameda do Cruceiro os nenos e nenas de 2º e 3º Ciclo A a unha actividade de Ciencia Divertida onde nos ensinaron, cuns experimentos, como debemos coidar o medio ambiente:
  • A importancia da auga subterránea.
  • O quecemento global fai aumentar o nivel dos mares e océanos e desaparecen zonas costeiras.
  • A contaminación da auga; aínda que a vexamos limpa pode estar contaminada.
  • A electricidade estática; foi moi divertido porque vimos os pelos da Larisa todos “disparados”.

    Estivemos moi atentos porque era moi interesante, descubrimos cousas novas e divertímonos tamén.Os científicos eran moi graciosos; xa os seus nomes nos fixeron rir:
  • Profesor Aitor-Menta.
  • Profesora Pati-Difusa.
  • Doutor Pepín-Illo.
    Iso si, tiñamos unhas normas moi especiais, como levantar o cóbado en vez da man para poder falar...e activamos o noso botón da imaxinación para entender as cousas.
Tamén aproveitamos para pasar un bo rato xogando no parque... e todos de volta para o Colexio, algúns co seu novo “peiteado eléctrico”, como Joni, Jesús e Larisa.

martes, 28 de mayo de 2013

Día das Letras Galegas


O día 16 de maio celebramos no salón de actos o DÍA DAS LETRAS GALEGAS. Tamén viñeron os compañeiros de Eiroás e fixemos un Superfestival.
 Os da nosa clase convertémonos en reporteiros e fixemos un Telexornal. Iamos facendo entrevistas e reportaxes e así ían participando tódolos nenos do Colexio.
 Os locutores eran Joni e Kati; os reporteiros Roberto, Geuris e Israel; e logo tiñamos... futbolista, presidente dun club deportivo, pais desesperados pola desaparición dos seus fillos...

 Tamén cantamos, tocamos a frauta, houbo bailes...
Rematamos cunha obra de teatro: “Touporroutou da Lúa e do Sol” de Vidal Bolaño (autor elixido este ano para a celebración das Letras); os nenos e nenas do 3º Ciclo B fixérono xenial, gustounos moito.
  Katia, Larisa e Geuris.

viernes, 3 de mayo de 2013

Día do libro


O día 23 de abril celebramos no Cole o Día do Libro.
Os nenos e nenas da nosa clase fomos contarlles un conto aos nenos de E. Infantil; o título do conto era “AVÓS”. É unha historia moi tenra e romántica. Se queredes lelo, está na Biblioteca do Cole, é superbonito.

  Nós disfrutamos moito, pois eramos os protagonistas.
Para dar máis realismo á historia disfrazámonos de velliños e botamos talco no pelo para semellar canas.

 Antes da representación estabamos cheos de nervios e tiñamos un pouco de vergoña, pero pouco a pouco foinos pasando.
 
 Cando chegamos xunto aos cativos de Infantil non parabamos de rir, e faciamoslles bromas de vellos co caxato e encorvados coma se nos doesen as costas.
O público despediunos con moitos aplausos e nos invitaron a volver outra vez, seguro que o facemos pois foi moi divertido.
                                             Alex e Larisa.

martes, 16 de abril de 2013

"Un agasallo para papá"


Hoxe ímosvos falar dunha representación teatral que houbo no noso Cole. Titulábase “Un agasallo para papá”, e gustounos moito.
 As protagonistas da obra son Cloe e Xulieta. Cloe ten unha pequena tenda nun barrio da cidade. Vende obxectos únicos e especiais traídos dende distintas partes do mundo por viaxeiros e aventureiros;todos eles amigos seus.. Ela tamén fabrica os seus propios obxectos, pero un día un home descoñecido entra na tenda e tráelle uns papeis para asinar. Van demolelo todo porque queren construir un centro comercial.
  Xulieta é unha nena moi especial; vai ser o aniversario do seu pai e quere facerlle un agasallo orixinal, pero só atopa cousas aburridas. Sen saber moi ben onde ir, atópase con Cloe que lle amosa o seu comercio e lle axuda a confeccionar o mellor agasallo para seu pai.
  A obra quérenos facer pensar nas veces que mercamos moitas cousas innecesarias; é moito mellor consumir menos cousas para que sexan máis especiais, como fixo a nena co agasallo do seu pai.
 A obra foi para tódolos nenos e nenas do cole; pero uns días despois, os alumnos do terceiro ciclo tivemos unha charla para falar máis sobro o consumo innecesario e sobre os dereitos do consumidor. Pareceunos moi interesante e puidemos reflexionar entre todos sobre o tema.
                               Alex, Leo, Andra, Katia e Larisa.

viernes, 22 de marzo de 2013

Hasta siempre, Marta.

 
Hoy estamos tristes porque nos despedimos de ti, pero estamos muy contentos porque te hemos conocido y has estasdo un tiempo con nosotros enseñándonos muchas cosas; por ejemplo, a trabajar con los ordenadores.

Gracias a ti tenemos este blog que usamos para despedirnos y, al mismo tiempo, para acordarnos y que te acuerdes de los buenos momentos que pasamos juntos.

Nos divertimos mucho con todos los juegos que nos preparaste y enseñaste, nos gustó muchísimo el del “amigo invisible”.

Estos son nuestros mensajes, que quedarán aquí para siempre:
-¡¡¡Siempre te llevaremos en el corazón!!!
-¡¡¡Nunca te olvidademos!!!
-Te echaremos de menos.
-Te queremos.
-Ta vamos a extrañar mucho.
-Nos hemos divertido mucho contigo.

Queremos darte las gracias porque siempre has estado cuando te necesitamos y te pedimos ayuda y, lo más impotante...
¡¡¡VUELVE LO ANTES POSIBLE!!!


jueves, 21 de marzo de 2013

"Ponte nas ondas"



O mércores día 13 de Marzo os alumnos de 5º e 6º fomos á Universidade de Vigo, ao edificio politécnico, xa que alí ía ter lugar un programa de radio chamado “Ponte nas Ondas” e ao que nos invitaran a participar.

O programa comezou coa presentación de todos os colexios que alí estabamos. A continuación explicáronnos cómo se creou “Ponte nas Ondas” e o que se facía. Cando remataron, deron paso aos distintos colexios que participaron coas súas cantigas, lendas, cantos e incluso algún tocou o pandeiro e a gaita. O que máis nos gustou foi unha nena que cantou fados en portugués e que o fixo moi ben.

Tamén participaron distintos personaxes famosos como Xosé Lois, máis coñecido como O Carrabouxo e María do Ceo. Por outra banda, tamén participaron a Pita de Eiroás, unha Mázcara de Manzaneda, un afiador…

Ao final do programa saímos nós (Joni e Katia) a falar de varias publicacións do noso blog: o Samaín, o Magosto, o Nadal, o Entroido, os xogos populares… Para que vexades o ben que nos saíu, deixámosvos este vídeo. ¡Esperamos que vos guste!


lunes, 11 de marzo de 2013

Xogos populares II


E, seguindo cos XOGOS POPULARES, o día 4 de marzo reunímonos de novo @s alumn@s de 5º e 6º na unidade do Covadonga. Desta vez o xogo que nos explicaron foi o das TABAS; Lito ensinounos dous xogos:




O primeiro consistía en tirar unha taba cara arriba e coller as catro que quedaban no chan, e tamén a que lanzamos.
Para o segundo xogo, deunos unha pelota saltarina; o xogo era parecido, pois botamos a pelota e, mentres, había que ir recollendo as tabas dunha nunha. Foi moi divertido!!!

E, como non, rematamos a reunión xogando ao futbol; e a “liga” vai moi ben porque gañamos de novo.

                                   Andra, Kati, Israel, Julio e Carlos.

viernes, 8 de marzo de 2013

Xogos populares


Esta actividade xa se fixo o curso pasado e, para seguir coñecendo e recuperando xogos antigos (aos que xa xogaban os nosos pais e avós), continuamos este curso.O día 25 de febreiro reunímonos os nenos e nenas de 5º e 6º A e B para facer XOGOS POPULARES.


Fixemos un círculo para que o monitor, Lito (que xa o coñeciamos do outro ano), nos explicase o “Baile do millo verde”: tiñamos que ir saltando como Carapuchiña Vermella e tiñamos que agarrar como “Spiderman” e ir dando voltas.

 
Tamén fixemos un concurso e ao final xogamos ao fútbol ...e... gañamos!!!

Kati,Carlos,Julio,Andra e Israel