viernes, 15 de noviembre de 2013

Danza Contemporánea-"En escena"


O día 31 de Outubro foi moi especial; tivemos unha saída e á volta ao Colexio celebramos o Magosto. Eu vou falar da saída.
Fomos ata o edificio da Escola de Artes Escénicas a ver un espectáculo de Danza Contemporánea;chamábase “En escena” porque os bailaríns explicáronnos, antes da súa actuación, moitas cousas referentes á posta en escena dun espectáculo.
Despois bailaron un par de pezas, as melodías eran moi bonitas.

Por último, nós tamén participamos subindo ao escenario: tiñamos que facer tres movementos: primeiro lento, logo rápido e despois máis rápido. Así vimos que cuns movementos sinxelos pódese crear unha danza.
Fixemos preguntas aos bailaríns e eles tamén nos fixeron preguntas, así que aprendemos moitas cousas.
A despedida foi todos subidos ao escenario (tamén os dos outros Colexios) e alí nos explicaron a colocación dos focos, dos telóns, do foso dos músicos que está debaixo do escenario...
Cando saímos chovía a cachón, pero nós iamos con moitas ganas de celebrar o Magosto.




ANDRA




jueves, 7 de noviembre de 2013

SAMAÍN


O dia 30 de Outubro celebramos o Samaín no colexio.
Nos días anteriores á celebración baleiramos as cabazas, adornámolas e fixemos unha exposición con elas; tamén fixemos camisetas coas nosas mans en vermello para disfrazarnos de zombis; en manualidades fixemos pantasmas,morcegos e esqueletes.
O propio día xuntámonos todos no salón de actos e vimos vídeos cortos de Disney; cantamos cancións; fixemos unha obra de teatro moi bonita onde os personaxes terroríficos eran:unha pantasma, unha bruxa, un lobishome, home sen cabeza e un esquelete...
E ao final de todo repartimos lambetadas aos nenos do colexio e despois nós tamén comimos!!!!..
 E pasámolo moi ben.

                                                                     KATIA E CARLOS

martes, 5 de noviembre de 2013

Curso novo, 1ª saída


Aquí estamos de novo, un curso máis, dispostos a contar algunhas das cousas que facemos no noso cole. Algúns dos compañeiros do curso pasado xa marcharon e agora temos outros novos que se incorporan ao noso curso e ao noso blog; benvidos: Jesús, Samanta, Ricardo e Séfora.

Imos xa falar da nosa primeira saída, foi ao auditorio, asistimos a un concerto didáctico: SON+DE2.

Aprendemos moitas cousas relacionadas coa música, por exemplo, ensináronnos a facer instrumentos musicais. Faláronnos dos orixes da música, eles mesmos eran os protagonistas duns vídeos sobre a prehistoria que nos fixeron rir un bo rato.
Os músicos facían ritmos moi diferentes e cantaban e tocaban moi ben. Falaban con vídeo-conferencia co seu axudante que, ao final, presentouse de sorpresa.

Foi unha actividade divertida... aprender e divertirse ao mesmo tempo...É XENIAL!!!