martes, 22 de abril de 2014

Parque Infantil de Tráfico


O día 4 de abril fomos ao Parque Infantil de Tráfico.
Saímos ás 9 e media, cando chegamos separaron aos de 5º de 6º. Unha parte era de explicacións con vídeo e outra práctica, nos “cars” e nas bicicletas.
As explicacións foron moi interesantes, aprendemos moitas cousas sobre as normas de circulación, como por exemplo o significado de distintas sinais:
  • A cor azul significa obriga.
  • A cor vermella significa prohibición.
A parte práctica foi moi divertida. Pasámolo MOI BEN!!!!!!
Ao final regaláronnos unhas mochilas reflictantes.

                       Carlos e Israel

Teatro Consumo


O día 27 de marzo viñeron ao Cole a representar unha obra de teatro, titulábase “CLINC”.
O grupo chámase “Trécola”, e veñen tódolos anos o día do consumo para que pensemos sobre o consumo de máis que facemos moitas veces.
A historia comezaba na Prehistoria e chegaba ata nosos días; explicando a evolución da moeda.
Gustounos moito, pasamos un rato divertido ao mesmo tempo que aprendemos cousas.
                                              Séfora e Katia