martes, 25 de febrero de 2014

Pita de Eiroás

Colaboramos na FESTA DA PITA.
Primeiro dannos unha charla.
Logo decoramos as olas.
E...por último, veñen buscalas. QUE EMOCIÓN!!!!!!!










Elabora teu bocata

O día 18 de marzo tivemos unha actividade moi “SABROSA”.
Viñeron unhas rapazas para ensinarnos a “pórlle as pilas aos nosos bocatas”.
Cada neno fixo o seu bocadillo; había estes ingredientes:
  • atún
  • cenoria raiada
  • leituga
  • tomate
  • olivas
  • sardiñas
  • mexillóns
    Cada neno elexía os que máis lle gustaban e... 
    A COMER!!!!
Despois do banquete subimos ao salón de actos e déronnos unha charla sobre tipos de peixes, moluscos.. ; tamén nos falaron da importancia de reciclar.
Por último,regaláronnos unhas gorras moi chulas.
APRENDEMOS MOITAS COUSAS!!!
                                                       Andra e Katia

martes, 4 de febrero de 2014

Encontros co autor


O día 3 de febreiro fomos ao Colexio Divina Pastora para facer unha actividade chamada “ENCONTRO CO AUTOR”
Nós xa tiñamos lido o libro “O encanto da Pedra Chá” e fomos coñecer e falar co seu autor: Pere Tobaruela.
Primeiro Pere estívonos contando cousas; era moi simpático e fíxonos rir moito. Despois fixémoslle preguntas, como por exemplo:
  • Como se che ocorreu esta historia?
  • Canto tempo levas escribindo?
  • Por que os personaxes da historia non teñen face?
Pere contestou moi amable e ocorrente a todas as nosas preguntas.
Unha das cousas que nos dixo foi que quería que leramos (case sen darnos conta) algo de poesía, por iso elexiu un texto de Rosalía de Castro que se prestaba ao misterio...
Para rematar asinounos os libros.
PASÁMOLO MOI BEN!!!
                                                                     Geuris e Katia

Día da Paz


O día 30 de Xaneiro celebramos o día da Paz.
Reunímonos todos os nenos, nenas e profes no Salón de actos e cantamos unha canción chamada “A RUMBA DAS APERTAS” e tamén bailamos.
Mentres escoitabamos a música, saían na pantalla fotos nosas abrazándonos. Era moi divertido.
Ao final os cativos de E. Infantil cantaron outra canción.
VIVA O DÍA DA PAZ!!!!!!!
                                                                              Kati e Israel

Nadal


O día 21 de decembro fixemos no Cole a Festa do Nadal.
Para a celebración xuntámonos todos no Salón de Actos para cantar algunhas panxoliñas e máis entregar os premios do Concurso de postais navideñas.
Da nosa clase gañou Geuris, que saíu recoller o premio co seu brazo escaiolado.
O premio de Geuris era un balón; había outro balón para o segundo ciclo, e para Infantil e Primeiro Ciclo estoxos e material de Plástica. Todos quedaron moi ledos cos seus agasallos.
Como era o último día antes das vacacións fixemos unha merendola.
MENUDA PAPAROTA!!!
Logo xa marchamos para casa, algúns máis contentos que outros pois levabamos o boletín de notas na mochila...Uuuuiiiiii!.....