martes, 5 de marzo de 2013

O venres de entroido

O venres fixemos a nosa comparsa e fomos disfrazados de piratas. Antes do desfile ensaiamos o baile que tiñamos preparado. 


Despois a profe Marta fíxonos un xogo: unha caza do tesouro. Tiñamos que descifrar uns xeroglíficos para atopar as probas que nos tiña por todo o patio. Por suposto superámolas todas e conseguimos o tesouro: un cofre cheo de "gominolas", caramelos, gomas de mascar, flocos de millo, "gusanitos"... 

 
Despois de xogar fixemos o desfile e ó rematar fixemos o noso baile diante de todos. Como lles gustou moito tivémolo que facer outra vez. 


Cando rematamos as profes deixáronnos baile libre e ó pouco tempo subimos a clase para comer o noso tesouro antes de marchar. 

 

Kati

1 comentario: