lunes, 17 de marzo de 2014

O entroido


O día 28 de febreiro pasámolo moi ben. Celebramos O ENTROIDO.
Tódolos nenos e nenas do Colexio (e os profes) disfrazámonos de Pitas de Eiroás. Fixemos as capas e as caretas e tamén fixemos uns ovos xigantes.
Antes do desfile lemos o XUÍZO Á PITA e o TESTAMENTO DA PITA. Foi moi gracioso pois a pita nos ía deixando distintas partes do seu corpo; Eric de 1º Ciclo era o “Señor letrado” e estaba moi simpática tan serio no seu papel.
Despois baixamos ao patio e estivemos bailando e xogando; usamos o ovo para pasalo, encestar na canasta...
Foi un día moi especial: VIVA O ENTROIDO!!!!!!!         Jesús e Samanta