martes, 4 de febrero de 2014

Nadal


O día 21 de decembro fixemos no Cole a Festa do Nadal.
Para a celebración xuntámonos todos no Salón de Actos para cantar algunhas panxoliñas e máis entregar os premios do Concurso de postais navideñas.
Da nosa clase gañou Geuris, que saíu recoller o premio co seu brazo escaiolado.
O premio de Geuris era un balón; había outro balón para o segundo ciclo, e para Infantil e Primeiro Ciclo estoxos e material de Plástica. Todos quedaron moi ledos cos seus agasallos.
Como era o último día antes das vacacións fixemos unha merendola.
MENUDA PAPAROTA!!!
Logo xa marchamos para casa, algúns máis contentos que outros pois levabamos o boletín de notas na mochila...Uuuuiiiiii!.....

2 comentarios: