jueves, 19 de diciembre de 2013

Ourense sabe acoller


O día 18 de decembro fomos ao local social “Caixanova” na Alameda do Cruceiro a ver unha “peli” titulada “Baixo a mesma lúa”.
O tema da película era a inmigración; era a historia dun neno mexicano que ía a “Los Ángeles” en busca da súa nai que tivera que marchar a buscar traballo para poderllo mandar á súa familia.
Despois da “peli” entregaron os premios do concurso “Ourense sabe acoller”.
Había tres categorías:
debuxo, poesía e relato curto; a nosa compañeira Andra gañou o terceiro premio de relato e recibiu un mp3 e unha placa. Á profe Loli tamén lle deron unha placa pola participación do Colexio.
Que bos somos!!!
                         Israel e Julio

Enarbolar


O día 10 de decembro fomos ao Montealegre para coñecer onde se atopa o Xardín Botánico e visitar unha exposición chamada “ENARBOLAR”.
Primeiro entramos nunha sala e déronnos unha charla sobre a Botánica (a ciencia que estuda as plantas) e faláronnos da importancia da NATUREZA.
Logo fomos ver a exposición que eran unhas láminas moi grandes de distintas árbores e debuxos;a exposición estaba organizada por unha fundación co nome de Félix Rodríguez de la Fuente (que foi un naturista dos primeiros que fixeron documentais de animais).
Por último fomos visitar un Auditorio feito nunha zona da canteira que alí había antes; o monitor ensinounos algo moi curioso: como as raíces das árbores se metían entre as pedras aproveitando calquera fenda na rocha.
Tamén nos dixeron que había un miradoiro, pero como tiñamos que marchar díxonos que volveramos con máis tempo porque ían facer máis actividades, como experimentos, máis adiante.
Esperamos volver porque foi moi interesante.
                                                                       Geurys e Carlos

Megaxove


O día 5 de decembro fomos a Expourense, a unha actividade chamada MEGAXOVE onde había un montón de cousas:

  • inchables para saltar
  • ordenadores
  • karaoke
  • circuíto de adestramento militar

  • scalextric
  • circuíto de cars
  • xogos como twister, parchís...

     
Fomos todos os nenos e nenas de 5º e 6º e pasámolo moi ben.
                                                    Séfora e Jesús

martes, 3 de diciembre de 2013

O Magosto


O día 8 de Novembro celebramos o Magosto no Colexio; celebrámolo tódolos nenos e nenas do Colexio, tamén subiron os compañeiros de Eiroás.
Comezamos máis ou menos ás doce cuns xogos moi divertidos:

  • Xogamos aos aros; a profe Bea tocaba a pandeireta e, cando paraba, tiñamos que nos meter nun aro; a profe Loli ía sacando aros, pero non quedabamos eliminados senón que cada vez iamos entrando máis nun aro.
  • Xogamos a encestar castañas no “papacastañas”.
  • Xogamos ás carreiras de relevo.
  • Xogamos ao tres en raia.
    Despois chegou a hora da “paparota”, comemos empanada, chourizo, castañas e bica. QUE RICO ESTABA TODO!
    Logo xogamos un pouco e, por último, axudamos a recoller e limpar porque, a verdade, hai que recoñecer que fomos bastante porcalláns. Temos que mellorar e ser máis coidadosos!
                                                                   NOA